sábado, 11 de agosto de 2012

Detectar problemas da linguaxe de 0-6 anos


Nesta nova entrada engado tres artigos de "prensa- escuela" que dan pautas e orientacións aos pais e nais de nenos de entre 0 e 6 anos para detectar posibles dificultades na linguaxe. Sempre que existan dúbidas sobre a fala dos vosos fillos consultade coa titora, orientadora, mestra de Audición e Linguaxe e por suposto co pediatra, que vos a consellarán o mellor para os vosos  fillos.

Premede sobre as imaxes para ler os artigos





Aprender a comunicarse: guía para detectar problemas del lenguaje de 0 a 3 años











Bla,bla, bla: guía para detectar retrasos del lenguaje de 3 a 6 años










Las primeras palabras: detectar problemas del lenguaje de 0 a 6

sábado, 4 de agosto de 2012

Orientacións para a baixa tolerancia á frustración

Hoxe en día atopámonos con moitos alumnos con dificultades para tolerar a frustración. Enfádanse, pegan, non escoitan,... cando as cousas non saen como esperaban. Este artigo de Gema L. publicado en Orientapeques ofrécenos pautas para as familias e para os mestres; é un artigo pequeno, sinxelo e práctico que nos axudará a mellorar a conducta dos nosos alumnos / fillos.