Outro artigo de prensa escola con información práctica, esta vez do Déficit de atención con hiperactividade. Espero que sexa do voso interese.
Ola a todos!! Son mestra de AL nos CEIP. QUINTELA e TIRÁN de Moaña e este é un blog que pretende recoller materiais e enlaces que faciliten a práctica educativa na aula de audición e linguaxe, así como información e pautas para as familias. Espero que vos guste.
miércoles, 17 de octubre de 2012
lunes, 1 de octubre de 2012
Como deixar a chupeta en 15 días
O uso da chupeta nos bebés e nenos pequenos é un método fácil e cómodo para tranquilizalos, pero o seu uso prolongado ou a súa dependencia tanto para durmir como para tranquilizarse pode ocasionar problemas. Ademáis é habitual entre os pais a preocupación de cando e como deixala. Para respostar algunhas destas preguntas achégovos unha serie de blogs que falan sobre os pros e os contras das chupetas e o momento de deixar o seu uso.
Tamén vos deixo o enlace para descargar o método da fada Susú, un método para deixar a chupeta en 15 días. Dende o enlace poderédelo descargar de forma gratuita e imprimilo.
Blogs de interese:
Método de 15 días gratuíto, "El libro para dejar el chupete"
Pinchando na imaxe entraredes na páxina de Difrax directamente na sección de libros libres. O primeiro libro é o que nos interesa, pinchamos en descargar libro e aparecen 7 enlaces. Só necesitamos os tres últimos: calendario, stickers e "El libro para dejar el chupete". Os outros enlaces son páxinas soltas que xa aparecen directamente no libro.
Moita paciencia, moito agarimo e ánimo para deixar a chupeta.
Etiquetas:
AL,
articulación,
audición e linguaxe,
chupeta,
chupete,
Consellos,
Estimulación da linguaxe,
infantil,
orientacións,
pais,
recomendacións
Suscribirse a:
Entradas (Atom)