Outro artigo de prensa escola con información práctica, esta vez do Déficit de atención con hiperactividade. Espero que sexa do voso interese.
Profe de AL
Ola a todos!! Son mestra de AL nos CEIP. QUINTELA e TIRÁN de Moaña e este é un blog que pretende recoller materiais e enlaces que faciliten a práctica educativa na aula de audición e linguaxe, así como información e pautas para as familias. Espero que vos guste.
miércoles, 17 de octubre de 2012
lunes, 1 de octubre de 2012
Como deixar a chupeta en 15 días
O uso da chupeta nos bebés e nenos pequenos é un método fácil e cómodo para tranquilizalos, pero o seu uso prolongado ou a súa dependencia tanto para durmir como para tranquilizarse pode ocasionar problemas. Ademáis é habitual entre os pais a preocupación de cando e como deixala. Para respostar algunhas destas preguntas achégovos unha serie de blogs que falan sobre os pros e os contras das chupetas e o momento de deixar o seu uso.
Tamén vos deixo o enlace para descargar o método da fada Susú, un método para deixar a chupeta en 15 días. Dende o enlace poderédelo descargar de forma gratuita e imprimilo.
Blogs de interese:
Método de 15 días gratuíto, "El libro para dejar el chupete"
Pinchando na imaxe entraredes na páxina de Difrax directamente na sección de libros libres. O primeiro libro é o que nos interesa, pinchamos en descargar libro e aparecen 7 enlaces. Só necesitamos os tres últimos: calendario, stickers e "El libro para dejar el chupete". Os outros enlaces son páxinas soltas que xa aparecen directamente no libro.
Moita paciencia, moito agarimo e ánimo para deixar a chupeta.
Etiquetas:
AL,
articulación,
audición e linguaxe,
chupeta,
chupete,
Consellos,
Estimulación da linguaxe,
infantil,
orientacións,
pais,
recomendacións
domingo, 30 de septiembre de 2012
Información básica sobre disfemia
martes, 18 de septiembre de 2012
Novo xogo: "El bus de las palabras"
Novo xogo para crear palabras partindo dunha serie de letras. Traballaremos a conciencia semántica dunha maneira fácil, cómoda e atractiva.
Etiquetas:
ACNEAE,
actividades,
conciencia semántica,
dislexia,
recursos,
xogos
miércoles, 12 de septiembre de 2012
Benvidos ao cole!!
Dámoslle a benvida a tódolos rapaces e rapazas de 3 anos que comezan este ano o cole. Ademáis aproveitamos para explicarlle aos papás e mamás que durante o curso realizaremos unha sesión semanal de estimulación da linguaxe que consistirá en traballar a respiración, o sopro, os movementos dos órganos articulatrios (cara, beizos, lingua, mandíbulas,..), ademáis de vocabulario, expresión oral ou relaxación. Todo isto traballarase mediante xogos, cantigas, e contos para facelo de forma divertida. Tamén levaremos un rexistro da fala de cada alumn@ durante toda a etapa de infantil para poder avaliar os progresos ou dificultades e así ofrecer os apoios necesarios.
Se premedes na imaxe accederedes a un pequeno panfleto sobre o traballo da mestra de audición e linguaxe e pequenos consellos e xogos para favorecer a fala dos vosos fillos e fillas.
Etiquetas:
actividades,
AL,
articulación,
audición e linguaxe,
chupete,
Consellos,
Estimulación da linguaxe,
familias,
infantil,
orientacións,
pais,
pautas
sábado, 11 de agosto de 2012
Detectar problemas da linguaxe de 0-6 anos
Nesta nova entrada engado tres artigos de "prensa- escuela" que dan pautas e orientacións aos pais e nais de nenos de entre 0 e 6 anos para detectar posibles dificultades na linguaxe. Sempre que existan dúbidas sobre a fala dos vosos fillos consultade coa titora, orientadora, mestra de Audición e Linguaxe e por suposto co pediatra, que vos a consellarán o mellor para os vosos fillos.
Premede sobre as imaxes para ler os artigos
Premede sobre as imaxes para ler os artigos
Aprender a comunicarse: guía para detectar problemas del
lenguaje de 0 a
3 años
Bla,bla, bla: guía para detectar retrasos del
lenguaje de 3 a
6 años
Etiquetas:
AL,
articulación,
comunicación,
familias,
infantil,
orientacións,
pais,
pautas
sábado, 4 de agosto de 2012
Orientacións para a baixa tolerancia á frustración
Hoxe en día atopámonos con moitos alumnos con dificultades para tolerar a frustración. Enfádanse, pegan, non escoitan,... cando as cousas non saen como esperaban. Este artigo de Gema L. publicado en Orientapeques ofrécenos pautas para as familias e para os mestres; é un artigo pequeno, sinxelo e práctico que nos axudará a mellorar a conducta dos nosos alumnos / fillos.
Etiquetas:
conducta,
conduta,
Consellos,
familias,
frustración,
orientacións,
pautas
martes, 26 de junio de 2012
Prensa-escuela: expresión oral
Outro artigo de prensa escuela relacionada coa expresión oral. Técnicas para falar en público. Pinchade na imaxe para lelo.
Etiquetas:
audición e linguaxe,
comunicación,
Consellos,
disfemia
Prensa escuela: tartamudez
O programa "prensa-escuela" publicou un artigo interesante sobre a tartamudez. Pinchade na imaxe para lelo.
Etiquetas:
ACNEAE,
AL,
comunicación,
Consellos,
disfemia
martes, 21 de diciembre de 2010
Trastorno xeral do desenvolvemento
Dende "La Junta de Andalucía" se editaron uns manuais do trastorno xeral do desenvolvemento moi completos e prácticos que merece a pena telos de man. Son tres volúmenes:
- Volumen 1: Los trastornos del espectro autista.
- Volumen 2: El Síndrome de Asperger. Respuesta educativa.
- Volumen 3: Prácticas educativas y recursos didácticos.
lunes, 13 de diciembre de 2010
Dislexia
Esta fin de semana acudín as "II xornadas de Dislexia" na facultade de ciencias da educación da Coruña. Nestas xornadas participaron as asociacións de dislexia DISFAM e AGADIX, que nos informaron sobre novos materiais, técnicas de traballo, protocolos de identificación, actuación....
Aquí deixo algúns deses materias prácticos:
- Protocolos de identificación de alumnos con DISLEXIA. Ademáis inclúe propostas de adaptacións metodolóxica e distintas páxinas de información: http://www.disfam.net/portalweb/index.php/protocolos-deteccion-y-actuacion
- Páxinas web:
Software de escritura fácil: http://www.nuance.es/naturallyspeaking/
Software para a integración:http://www.integratek.es/
Aprender e pensar de forma visual: http://cf.inspiration.com/espanol/
-Artículos de prensa:
Entre o 5 e o 10% do alumnado presenta dislexia:
http://www.lavozdegalicia.es/sociedad/2009/03/19/00031237476292631160921.htm
http://www.lavozdegalicia.es/sociedad/2009/03/19/00031237476292631160921.htm
Publicación da xunta. Orientación e respostas educativas para o alumnado con dificultades de aprendizaxe: http://www.agadix.es/artigos_archivos/PublicacionXuntadeGalicia.pdf
Periódico El Pais. "Ni son torpes ni son vagos": http://www.elpais.com/articulo/andalucia/torpes/vagos/elpepiespand/20090205elpand_13/Tes
Periódico La Vanguardia. "Los trastornos del aprendizaje requieren exámenes adaptados": http://www.lavanguardia.es/ciudadanos/noticias/20081216/53600399526/los-trastornos-de-aprendizaje-requieren-examenes-adaptados-clinic-valles-eso.html
sábado, 27 de noviembre de 2010
Xogo Quien es quien
O xogo "Quien es Quien" é verdadeiramente útil para traballar as descripcións, os rasgos físicos, adxectivos, a funcionalidade das preguntas, a capacidade de atención.... Hai que ter en conta que este xogo pode variar en dificultade se intentamos gañar co número mínimo de preguntas posible; é dicir, se analizamos con detenemento os rasgos das nosas persoaxes e seleccionamos a mellor pregunta posible. Deste xeito a mellor pregunta será aquela que máis persoaxes descarte dunha sola vez.
Podemos xogar en familia ou na escola.
Podemos xogar en familia ou na escola.
domingo, 21 de noviembre de 2010
Actividades de AL para Pizarra dixital (PDI)
Éstas son dúas actividades que elaborei fai tempo para traballar a discriminación auditiva, visual, fonolóxica, atención, percepción auditiva,...
Alumnado estranxeiro
Etiquetas:
ACNEAE,
AL,
audición e linguaxe,
español,
estranxeiros,
idioma,
NEAE
Discriminación auditiva
Uns xogos moi bonitos que atopei en internet para entrenar a discriminación auditiva. Moi completos e prácticos.
Etiquetas:
AL,
audición,
audición e linguaxe,
discriminación auditiva,
xogos
Estimulación da linguaxe
Na internet existen moitos programas de estimulación da linguaxe, pero aquí deixo una selección dos tres que me parecen máis completos:
Programa do CRA Alta Ribagorza
Programa del Gobierno Vasco
Programa de la Junta de Andalucía
Etiquetas:
AL,
audición e linguaxe,
Estimulación da linguaxe,
infantil,
xogos
Contos para a fala
Aquí deixo un libriño de contos para estimular a linguaxe, producción de sons, repetir versos,...
Contos para falar
Contos para falar
Etiquetas:
AL,
audición e linguaxe,
contos,
dislalias,
Estimulación da linguaxe
Pautas para a familia
Algunhas recomendacións para as familias de aqueles nenos e nenas con problemas na adquisición da linguaxe.
Pautas para os problemas de adquisición da linguaxe.
Pautas para problemas coa articulación do "r".
Pautas para os problemas de adquisición da linguaxe.
Pautas para problemas coa articulación do "r".
Etiquetas:
AL,
audición e linguaxe,
comunicación,
Consellos,
dislalias,
familias,
pais,
pautas
Xogo de cartas: praxias, respiración, discriminación auditiva, trabalenguas,...
Aqui deixo un xogo de cartas que traballa as praxias, a respiración e o sopro, a discriminación auditiva, trabalinguas... Deste modo podemos traballar as dislalias dunha forma máis divertida e incluso en pequeno grupo. Utilizaremos o dado para seleccionar cada tipo de actividade ou volver a tirar e realizaremos este xogo frente ao espejo para fixarnos en como realizamos os exercicios.
Para poder utilizalo imprimiremo-las fichas e o dado. E... ¡a xogar!
Dado: plantilla do dado para imprimir.
Discriminación auditiva: Fichas que axudarán a mellorar a discriminación de fonemas ou detectar problemas de discriminación de fonemas similares.
Expresión facial: Fichas que traballan a expresión facial.
Praxias: Fichas para traballar as praxias bucofonatorias, pero tamén podemos aproveitar para traballar coas presentacións en power point que xa están colgadas.
Respiración e sopro: Fichas e proposta de xogos para traballar a respiración, os materiais haberá que telos preparados antes de empezar a xogar.
Trabalinguas: Fichas con trabalinguas, tamén poderíamos usar cancións ou adiviñas.
Etiquetas:
AL,
articulación,
audición e linguaxe,
discriminación auditiva,
dislalias,
praxias,
respiración,
sopro,
xogos
Praxias en power point
Presentacións en Power Point das distintas praxias bucofonatorias para exercitar de forma amena e divertida tanto os órganos bucofonatorios como a respiración e o sopro. Así podemos axudar a mellorar tanto a correcta articulación de fonemas, como a respiración.
Etiquetas:
AL,
audición e linguaxe,
praxias divertidas,
respiración,
sopro
Suscribirse a:
Entradas (Atom)